Xornada divulgativa: Efermidades Infecciosas Emerxentes

 

A propagación de varias enfermidades, denominadas enfermidades infecciosas emerxentes, ten levado á extinción repentina a numerosas poboacións de anfibios, mesmo en lugares illados e ben preservados. ADEGA, Asociación Herpetolóxica Española (AHE) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) queren divulgar esta problemática para o que convocan unha xornada formativa o vindeiro sábado 25 no Pazo da Cultura de Pontevedra, día no que ademáis se celebra o evento mundial Save The Frogs Day.

Voluntariado ambiental rescate anfibios

O xoves 16 de abril Charcas con Vida participará unha vez máis no rescate de anfibios e réptiles nunha canle de rega en Pontecaldelas. Se queres axudar a estes animais apúntate a esta xornada
– correo: lucia@adega.gal 
– tlfs 981 570 099/ 649 611 508

A canle de rega mide uns dous quilómetros aproximadamente e atópase practicamente en desuso, transcorre paralela ao río Verdugo nun terreo cunha elevada pendente. Na parte máis elevada ten un certo aporte de auga que nestes días mantén cunha profundidade de 10-20 cm aproximadamente. Porén conforme se vai avanzando vai perdendo auga e dende a metade atópase practicamente seca. A canle ten unhas paredes laterais e verticais de 80 cm de alto en toda a súa lonxitude que supoñen unha trampa mortal para moita da fauna do lugar.

Xornada de voluntariado para recuperar unha poza de rega

Charcas con vida convoca unha nova xornada de voluntariado. A actividade celebrarase no lugar de Sabarís (Campañó, Pontevedra) o próximo sábado día 25 de abril pola tarde (a partir das 16:00). Actividade gratuíta. Necesario inscrición.

 A actuación a realizar será a recuperación de unha antiga poza de rega, chamada “O pozo das ras”. Nunha zona de fincas onde existe unha nacente de auga, había unha pequena poza que abastecía de auga aos cultivos do lugar de Sabarís. Actualmente na zona os puntos de auga son moi escasos.

Rescate de anfibios e réptiles nunha canle de rega

Onte persoal de Charcas con Vida xunto con persoal da Dirección Xeral de Conservación da Natureza puideron rescatar case 200 sapos atrapados nunha canle de rega no concello de Pontecaldelas, no lugar de Parada. Álbum de Fotografías

A canle de rega mide uns dous quilómetros aproximadamente e atópase practicamente en desuso, transcorre paralela ao río Verdugo nun terreo cunha elevada pendente. Na parte máis elevada ten un certo aporte de auga que nestes días mantén cunha profundidade de 10-20 cm aproximadamente. Porén conforme se vai avanzando vai perdendo auga e dende a metade atópase practicamente seca. A canle ten unhas paredes laterais e verticais de 80 cm de alto en toda a súa lonxitude que supoñen unha trampa mortal para moita da fauna do lugar.

Nesta época decenas de sapos baixan por este monte dirección ao río, pero no camiño atópanse con esta barreira. Nas partes nas que aínda ten auga poderán desovar pero lamentablemente xa non poderán saír, as paredes laterais da canle convértense nunha trampa mortal para eles e para outros moitos anfibios que se achegan ao lugar para desovar ou alimentarse.

ADEGA participa na capacitación de técnicos de Custodia

ADEGA, e o seu  proxecto Charcas con Vida veñen de ser seleccionados para o Programa de axudas para a capacitación de técnicos/as de custodia do territorio dentro do proxecto Tejiendo Redes.  

O Foro Estatal de Entidades de Custodia do Territorio e a Xarxa de Custodia del Territori promoven a iniciativa Tejiendo redes durante 2014 e 2015 co obxectivo de difundir as boas prácticas de traballo e desenvolvemento social e institucional da custodia do territorio entre as diferentes redes e entidades de custodia do Estado.  

Humidais para o noso futuro. Únete a nós!

O 2 de febreiro celebramos o día mundial dos Humidais, comemorando a convención celebrada en 1971 na cidade de Ramsar, na que varios países asinaron un documento en prol da conservación dos Humidais para manter a súa biodiversidade e seguir aproveitando os beneficios ecosistémicos que nos ofrecen. En 2015 Ramsar celebra este día coa intención de achegar aos máis novos a estes ecosistemas en perigo co lema: Humidais para o noso futuro. Únete a nós!

Feliz 2015

Voluntariado da AHE no Parque Nacional

A AHE (Asociación Herpetológica Española) está a coordinar actividades no PNMT das Illas atlánticas de Galiza para a monitorización dos anfibios e réptiles do Parque. As diferentes actividades axudarán a detectar tendencias e posibles declives nas poboacións. Realizaranse controis fenolóxicos, censos, e tamén actividades complementarias como técnicas de mostraxe de anfibios e réptiles, identificación de herpetos ibéricos, introdución de datos no SIARE, etc.

Día Internacional do Voluntariado

Cada ano ADEGA mobiliza miles de persoas que voluntariamente deciden empregar o seu tempo para axudar á mellora do medio ambiente.
Hoxe, 5 de decembro, é o día Internacional do Voluntariado, que este ano ten o lema “Cambia o mundo, faite voluntari@!”. Dende a nosa organización non esquecemos a cada unha desas persoas que cada ano con vontade de cambiar o mundo, participan nas actividades de voluntarido, e  por iso queremos agradecerlle o seu esforzo. MOITAS GRAZAS VOLUNTARI@S!

V Xornadas Estatais e I Congreso Europeo de Custodia do Territorio

 

Do 5 ao 8 de novembro celebraranse en Barcelona as V Xornadas Estatais e o primeiro Congreso Europeo de Custodia do Territorio.

ADEGA participará nos dous eventos presentando proxectos desenvolvidos pola entidade no eido da Custodia do territorio como Charcas con Vida.

O obxectivo tanto das xornadas como do congreso será facilitar o intercambio de boas prácticas e experiencias entre organizacións estatais e doutros países europeos. O congreso axudará a xerar ideas, e suxerir direccións e propostas para o futuro da custodia do territorio en Europa.