Inventario de Charcas

Para engadir unha charca, completa e envía o formulario do inventario dacordo cas seguintes instruccións.

Instruccións:

 

1. Asegúrate que dispós de todos os elementos pedidos no formulario.

2. Utiliza coordenadas xeográficas en graos decimais (datum WGS84), podes miralas no Google Earth / Google Maps ou por GPS.

Máis Fácil: Podes usar o mapa para buscar a túa charca e obter automáticamente as coordenadas xeográficas. As coordenadas aparecerán no formulario automáticamente.
Para iso basta clicar no mapa na zona onde está a túa charca. Podes arrastar o marcador para unha localización máis correcta, tamén podes quitalo facendo dobre clic sobre o marcador.

3. Introduce nos espazos apropiados: as coordenadas (se non utilizas o mapa), o nome polo que se coñece a charca ou en caso de non telo un nome que lle queiras dar (exemplo: Charca da Vela, Lavadoiro do Mato, Tanque 6…), o nome da entidade (exemplo: Asociación Cultural de Zas), do observador (exemplo: Curso 3ºC), un email de contacto do observador, a tipoloxía da túa charca: Natural illada, natural en conxunto, artificial (indicando de qué tipo), e para rematar podes escribir calquera descrición que consideres apropiada. Tamén podes  unha foto da charca (en baixa calidade).

Se tes dúbidas contacta con nós:  contacto
Despois de validar os datos enviados, recibirás un email de confirmación e un código individual para cada charca que inventaríes.
Unha vez recibas este código, agradecemos que pases ao seguinte paso facendo a inspección da túa charca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *