Curiosidades

Das charcas

As charcas temporais en zonas dunares, poden mudar de forma cada ano e ata moverse varios metros! As dunas móbiles son ambientes dinámicos nos que o vento é o principal responsable da mobilización anual de toneladas de area, mudando a forma, altura e posición das dunas.

Algunhas actividades humanas como a explotación de inertes (area, barro, pedra, etc) e a construción de estradas e edificios, crean frecuentemente, de forma involuntaria, charcas com boas condicións para a vida selvaxe! Estas charcas son xeralmente desvalorizados e, na maioría dos casos, acaban por ser aterradas.

Os milleiros de charcas con menos de 10 hectáreas do mundo representam o 30% da superficie mundial de auga doce!

Sabías que algúns dos animais das charcas, como as hidras e os tritóns, son tamén nomes de figuras mitolóxicas da antigüidade? Procura estas figuras em obras literarias como a Odisea e a Ilíada.

Antes de existir auga canalizada, as charcas constituían a principal fonte de auga en algunhas aldeas. Pénsase que os romanos foron os responsables da impermeabilización de algunhas dolinas en serras calcáreas co objectivo de reter a auga da chuvia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *