As charcas son pequenos ecosistemas cun gran valor, porén apenas teñen sido obxecto de inciativas para o seu estudo e conservación en Galiza. Campos de fútbol, centros de ensino, polígonos industriais, estradas, campus universitarios, asteleiros e outras moitas infraestruturas teñen sido contruídas sobre humidais. Outro tanto ten sucedido con ecosistemas de menor tamaño como lagoas, charcas ou pozas. A desaparición destes lugares contribúe ao empobrecemento da nosa paisaxe, a extinción de comunidades de flora e fauna, e a perda dos beneficios ecosistémicos que nos ofrecen.
ADEGA comeza Charcas con vida que pretende contribuír á divulgación dos valores dos pequenos humidais mediante actuacións que vinculen educación ambiental, voluntarido ambiental e custodia do territorio. O proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e realízase en convenio co CIBIO (Centro de Investigação em Biodiversidade e Recursos Genéticos de Portugal).
Liñas de actuación
Coa intención de difundir os valores e importancia das charcas e de contribuír a súa conservación nace o proxecto Charcas con vida. Esta iniciativa pretende aportar solucións ao problema de desaparición de charcas e da biodiversidade que acollen, así como fomentar actuacións para conservalas. Platéxanse tres liñas de actuación:
– Divulgación da importancia e dos valores das charcas
– Creación dunha rede cidadá para o inventariado e estudo de charcas
– Actuacións de construción e recuperación de charcas mediante acordos de custodia do territorio e voluntariado ambiental
Se queres participar nesta iniciativa ponte en contacto con nós no apartado de Contacto