Charcas con Vida é uha iniciativa desenvolvida por ADEGA . O proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e realízase en convenio co CIBIO (Centro de Investigação em Biodiversidade e Recursos Genéticos de Portugal).
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) traballa desde os seus comezos en distintos planos complementarios e sinérxicos: accións públicas de reivindicación, mobilización e denuncia, divulgación e educación ambiental son ferramentas básicas coas que desenvolve o seu traballo.
A equipa de Educación ambiental de ADEGA coordina diferentes proxectos cos que pretende mudar e concienciar á cidadanía de que a conservación da natureza é unha cuestión de todas e todos xa que os problemas aos que nos enfrontamos son socio-ambientais.
Se queres conctactar con nós escribe a charcas@adega.info ou chama ao teléfono 981 57 00 99.