Voluntariado da AHE no Parque Nacional

A AHE (Asociación Herpetológica Española) está a coordinar actividades no PNMT das Illas atlánticas de Galiza para a monitorización dos anfibios e réptiles do Parque. As diferentes actividades axudarán a detectar tendencias e posibles declives nas poboacións. Realizaranse controis fenolóxicos, censos, e tamén actividades complementarias como técnicas de mostraxe de anfibios e réptiles, identificación de herpetos ibéricos, introdución de datos no SIARE, etc.

Establece para isto diferentes bolsas de voluntariado de fins de semana ou días puntuais dependendo da actividades, en grupos de 4 voluntarios ou voluntarias. Os campos xa comezaron en 2014 pero se prolongan en 2015 polo que aínda tedes posibilidades de participar.

Máis info: 

http://www.herpetologica.es/attachments/category/81/voluntariado_oapn_islas_atlanticas.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *