V Xornadas Estatais e I Congreso Europeo de Custodia do Territorio

 

Do 5 ao 8 de novembro celebraranse en Barcelona as V Xornadas Estatais e o primeiro Congreso Europeo de Custodia do Territorio.

ADEGA participará nos dous eventos presentando proxectos desenvolvidos pola entidade no eido da Custodia do territorio como Charcas con Vida.

O obxectivo tanto das xornadas como do congreso será facilitar o intercambio de boas prácticas e experiencias entre organizacións estatais e doutros países europeos. O congreso axudará a xerar ideas, e suxerir direccións e propostas para o futuro da custodia do territorio en Europa.

O congreso terá  6 eixos temáticos: custodia do territorio e políticas sectoriais e europeas; implementación técnica da custodia do territorio; traballo en rede e participación dos actores do territorio e da cidadanía; financiación da custodia do territorio; comunicación da custodia do territorio e impulso á innovación na custodia do territorio.

No congreso se debatirá e presentará a Declaración de Barcelon asobre custodia do territorio, que tentará establecer as bases precisas para contribuir ao desenvolvemento da custodia a escala rexional e europea.

ADEGA presentará tanto nas xornadas estatais coma no congreso as iniciativas de Charcas con Vida e o Proxecto de Custodia Fluvial nas Bacías do Ulla Umia e Lérez, así como o seu novo Manual de Custodia Fluvial.

 

Web do Congreso

Programa do Congreso

Web das Xornadas

Programa das Xornadas

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *