Os axentes de Conservación interésanse polas charcas

O venres 24 de outubro celébrase na Coruña o IV Curso de formación para inspección de Charcas, organizado pola Asociación Ecoloxista ADEGA enmarcado no seu proxecto Charcas con Vida en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.

Charcas con Vida é unha iniciativa de ADEGA que ten como obxectivo poñer en valor as Charcas para contibuir ao seu coñecemento, estudo e conservación.

Unha parte importante do proxecto baséase no estudo destes ecosistemas, e para iso se celebrará o IV Curso de formación. O curso durará toda a mañá. Explicarase a importancia destes ecosistemas e as posibilidades de actuación, tamén haberá unha parte práctica da xornada onde se realizará unha inspección dunha charca cercana.

No curso participarán máis de 20 persoas pertencentes ao Servizo de Conservación da Natureza da Coruña interesadas na importancia das charcas. A xornada celebrarase no Centro de recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros.

O proxecto Charcas con Vida é unha iniciativa de ADEGA que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de Investigaçao em biodiversidade e recursos genéticos, Portugal).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *