Os axentes de conservación interésanse polas Charcas

 

O martes 10 de xuño celébrase en Lugo o III Curso de formación para inspección de Charcas, organizado pola Asociación Ecoloxista ADEGAenmarcado no seu proxecto Charcas con Vida en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.

Charcas con Vida é unha iniciativa de ADEGA que ten como obxectivo poñer en valor as Charcas para contibuir ao seu coñecemento, estudo e conservación.

As charcas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou para desenvolver os seus ciclos vitais. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións.

Unha parte importante do proxecto baséase no estudo destes ecosistemas, e para iso se celebrará o III Curso de formación. O curso durará toda a mañá. Explicarase a importancia destes ecosistemas e as posibilidades de actuación, tamén haberá unha parte práctica da xornada onde se realizará unha inspección dunha charca cercana.

No curso participarán máis de 30 persoas pertencentes ao Servizo de Conservación da Natureza de Lugo interesadas na importancia das charcas. A xornada celebrarase no Centro de recuperación de Fauna Silvestre O Veral.

O proxecto Charcas con Vida é unha iniciativa de ADEGA que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de Investigaçao em biodiversidade e recursos genéticos, Portugal).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *