Restauración da charca na UDC

O pasado mércores 19 de marzo, enmarcada nas actividades  coordinadas pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña (UDC), desenvolveuse a restauración da Charca. A charca da UDC creouse en abril de 2013, tamén noutra das actividades de voluntariado organizadas pola OMA en colaboración con Charcas con Vida.  FOTOS DA XORNADA

Esta charca está impermeabilizada cunha lona EPDM, e ten un tamaño aproximado de 8 m x 3 m. A auga da charca é de orixe natural (chuvia), polo que no verán adoita secar. Forma parte do proxecto de restauración do Monte da Fraga no campus da Zapateira.

Na xornada deste mércores xuntáronse máis de 20 persoas para a reforestación do monte (plantáronse 50 árbores autóctonos) e restauración da charca.

Para a charca, recolléronse especies vexetais na depuradora por humidal que posúe o Campus da Zapateira: espadanas (Thypha latifolia), xuncos (Juncus sp) e lirios (Iris pseudacorus).

As plantas colocáronse arredor da charca, e tamén dentro nunhas macetas de barro. Ao redor tamén se fixo un estaquillado de especies atoutóctonas como salgueiros (Salix sp), bidueiros (Betula alba) e sabugueiros (Sambucus nigra)

Tamén se recolleu algo de lixo que había dentro da charca, probablemente levado polo vento. Despois das labouras de plantación procedeuse a colocación de unha malla vexetal nalgunhas partes nas que se podía a ver a lona impermeable. Deste xeito creouse un substrato que axuda a revexetar as beiras da charca.

Ao rematar a xornada tróuxose unha mangueira e deuselle un aporte extra de auga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *