Os axentes de conservación interésanse polas Charcas

O próximo venres 4 de outubro celébrase en Ourense o II Curso de formación para inspección de Charcas na provincia de Ourense,  en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.

As charcas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou para desenvolver os seus ciclos vitais. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións.

Unha parte importante do proxecto baséase no estudo destes ecosistemas, e para iso se celebrará o II Curso de formación. Neste curso se explicará a importancia destes ecosistemas e as posibilidades de actuación, tamén haberá unha parte práctica da xornada onde se realizará unha inspección dunha charca cercana.

No curso participarán máis de 30 persoas pertencentes ao Servizo de Conservación da Natureza de Ourense interesadas na importancia das charcas. A xornada celebrarase no Centro de recuperación de Fauna Silvestre do Rodicio.

O proxecto Charcas con Vida é unha iniciativa de ADEGA que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de Investigaçao em biodiversidade e recursos genéticos, Portugal). Para este curso o proxecto recibe o apoio do Servizo provincial de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.

 

Tlf: 669 80 69 08 /  616 23 80 50

Email: charcas@adega.info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *