O pasado sábado 6 de xuño, ADEGA desenvolveu unha nova actividade de eliminación de flora exótica invasora nas lagoas de Xuño e Muro (Porto do Son). A actuación enmárcase no proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Fundación Biodiversidad.
Mes: Xuño 2015
Inicios dun proxecto de creación de charcas ben interesante na península deo Grove.
Por Cosme Damián Romay Cousido
Antecedentes
O litoral norte do concello do Grove, considerando como tal o treito de 5,1 km comprendido entre os portos do Grove e o de Meloxo, experimentou uns cambios ambientais importantes desde mediados do século XX. A construción de edificacións relacionadas coa cría, depuración e envasado de moluscos e peixes, e o entramado de pistas, estradas, recheos costeiros e tendidos eléctricos que dan servizo a estas infraestruturas, alterou de xeito notable a fisionomía e dinámicas naturais de areais, marismas, campos de cultivo e zonas de matogueira. Humidais enteiros, como a xunqueira do Hospital, foron sepultados en aras do progreso.