ADEGA acolleu na semana do 20-26 de abril a un técnico de custodia do territorio, Xavi Alifonso, da Associació Picampall de Cataluña para a súa capacitación coñecendo a iniciativa “Charcas con Vida”. A súa visita enmarcábase na no proxecto Tecendo redes que durante o 2014-2015 ten o obxecto de de difundir as boas prácticas de traballo e desenvolvemento social e institucional da custodia do territorio entre as diferentes redes e entidades de custodia do Estado. É unha iniciativa promovida polo Foro Estatal de Entidades de Custodia do Territorio e a Xarxa de Custodia del Territori.
Mes: Maio 2015
O pasado 25 de abril 11 persoas participaron na xornada de voluntariado organizada por Charcas con Vida para recuperar unha antiga poza de rega no lugar de Sabarís, Campañó (Pontevedra).
A poza localízase nunha finca privada, por iso para esta actuación ADEGA asinou un acordo de custodia do territorio coa súa propietaria. ADEGA comprometeuse mediante este acordo a recuperar a antiga poza e realizar labores de seguemento e mellora cando foran precisos. Pola súa banda a propietaria comprométese a manter a poza e explotar dita finca dun xeito sostible.
O pasado 25 de abril conmemorando a celebración mundial do Save the Frogs Day, ADEGA xunto coa Sociedade Herpetolóxica Española (AHE) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) editaron un protocolo sobre a recente problemática das Enfermidades Infecciosas Emerxentes (EIE) en anfibios, presentouse nunha xornada divulgativa para todos os públicos á que asistiron máis de 30 persoas.