V Xornadas Estatais e I Congreso Europeo de Custodia do Territorio

 

Do 5 ao 8 de novembro celebraranse en Barcelona as V Xornadas Estatais e o primeiro Congreso Europeo de Custodia do Territorio.

ADEGA participará nos dous eventos presentando proxectos desenvolvidos pola entidade no eido da Custodia do territorio como Charcas con Vida.

O obxectivo tanto das xornadas como do congreso será facilitar o intercambio de boas prácticas e experiencias entre organizacións estatais e doutros países europeos. O congreso axudará a xerar ideas, e suxerir direccións e propostas para o futuro da custodia do territorio en Europa.

Os axentes de Conservación interésanse polas charcas

O venres 24 de outubro celébrase na Coruña o IV Curso de formación para inspección de Charcas, organizado pola Asociación Ecoloxista ADEGA enmarcado no seu proxecto Charcas con Vida en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.

Charcas con Vida é unha iniciativa de ADEGA que ten como obxectivo poñer en valor as Charcas para contibuir ao seu coñecemento, estudo e conservación.

Crónica do campo de voluntariado na illa de Sálvora

O pasado fin de semana 12 persoas participaron no campo de voluntariado ambiental para recuperación de charcas na illa de Sálvora. A actividade foi organizada pola asociación ecoloxista ADEGA xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, dentro das actividades do proxecto Charcas con Vida.  FOTOS DO CAMPO