Xornada de Voluntariado para creación de charcas

Charcas con Vida convoca unha nova xornada de voluntariado ambiental que se celebrará o xoves 8 de maio. O lugar escollido para esta nova actuación será a Reserva da Biosfera de Allariz, concretamente no Centro de Educación Ambiental O Rexo, onde realizaremos a construción dunha charca. As charcas ou pozas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade, e tamén un importante recurso didáctico para a educación ambiental.

Manual de construción de Charcas

Charcas con Vida edita o manual de construción e recuperación de pequenas charcas. O obxectivo deste manual é promover iniciativas de restauración de pequenas masas de auga e a creación doutras novas para  contribuír a conservación destas e da biodiversidade que acollen.  

A edición deste manual dá a coñecer diferentes actuacións que dende o proxecto Charcas con Vida se desenvolveron nestes ámbito durante o pasado ano 2013, nomeadamente as realizadas no marco da axuda da Fundación Biodiversidad en colaboración con outras moitas entidades.