O pasado mércores 19 de marzo, enmarcada nas actividades coordinadas pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña (UDC), desenvolveuse a restauración da Charca. A charca da UDC creouse en abril de 2013, tamén noutra das actividades de voluntariado organizadas pola OMA en colaboración con Charcas con Vida. FOTOS DA XORNADA
Mes: Marzo 2014
A ASPEA (Associação Portuguesa de Educação Ambiental), organiza as XXI Jornadas Pedagógicas de Educação Ambiental, na illa do Faial (Açores) entre os días 13 e 17 de marzo. Baixo o título de Dos ríos aos océanos, realizaranse diversas actividades, grupos de traballo, mesas redondas, obradoiros, etc. Charcas con Vida foi convidada a participar neste encontro para presentar as actividades desenvolvidas polo proxecto.