Nova charca creada na Casa das Ínsuas

O pasado sábado e enmarcada nas xornadas de voluntariado de Charcas con Vida, creouse unha nova charca no Prado da Ponte, custodiado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio en Rábade (Lugo) ao carón da Casa das Ínsuas. Dende Charcas con Vida e a AGCT queremos agradecer a todas e a todos os que se achegaron o sábado aportando o seu gran de area na creación da charca da Casa das Ínsuas. Moitas grazas a tod@s!!! FOTOS DA XORNADA