Xornada de voluntariado na Casa das Insuas

 

Charcas con Vida e a Asociación Galega de Custodia do Territorio convocan unha xornada de voluntariado ambiental para creación de charcas que se celebrará o día 30 de novembro na Casa das Insuas.

Durante esta xornada recuperaremos unha antiga canle de rega situada na cabeceira do Prado da Ponte, finca custodiada pola AGCT na que a entidade desenvolve diversas actividades de educación ambiental e conservación da natureza. Crearemos tamén unha nova charca para ofrecerlle á flora e á fauna da zona un novo hábitat, moi escaso e ameazado na zona.