Novas charcas para a serra dos Ancares

O pasado fin de semana 25 voluntarios e voluntarias ambientais traballaron para conservar as poboacións de anfibios nos Ancares Leoneses dentro do proxecto Charcas con vida que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente FOTOS DA XORNADA.

Crónica do II Curso de Formación

  O pasado venres 4 de outubro celebrouse o II Curso de formación para inspección de Charcas na provincia de Ourense. O Curso comezou ás 9:30 nas instalación do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Rodicio (Ourense) que contou coa participación de trinta persoas pertencentes ao Servizo de Conservación da Natureza. Podes ver as FOTOS DO CURSO

Os axentes de conservación interésanse polas Charcas

O próximo venres 4 de outubro celébrase en Ourense o II Curso de formación para inspección de Charcas na provincia de Ourense,  en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.