Xornada de recuperación de charcas nos Ancares

 

Charcas con vida convoca a cuarta xornada de voluntariado que se celebrará os días 18 e19 de outubro. O lugar escollido para esta nova actuación será A Serra dos Ancares na comarca veciña do Bierzo, onde se realizarán tarefas de recuperación de antigas charcas. Descarga o CARTAZ DA XORNADA.

Construímos 2 novas charcas!!

Charca en Castieixas

24 de setembro. A pasada fin de semana 25 persoas procedentes de varios lugares de Galiza, déronse cita na provincia de Ourense en Xunqueira de Espadanedo e Montederramo para participar nunhas xornadas de voluntariado ambiental adicadas a construcción e recuperación de charcas,  enmarcadas no proxecto Charcas con Vida. FOTOS DA XORNADA