Crónica da actuación ambiental nos pozos de Castieixas

Este domingo 24 de abril, no marco da xornada estatal “Axuda a conservar un espazo en custodia”, voluntarios/as de ADEGA realizamos o mantemento dos pozos de Castieixas, unha serie de canles e pozas de rega no concello de Montederramo.

A actividade enmárcase dentro da campaña estatal “Tecendo redes“, parte do proxecto “Tecendo redes para a custodia do territorio en España”, unha iniciativa da Xarxa de custodia del territori, e a obra social “La Caixa”.

A finca na que intervimos, de propiedade particular, foi obxecto dun convenio de custodia en 2008. Inclúe prados “de dente e sega”, unha carballeira, así coma un conxunto de pozos y canles de rega. Desta volta, traballamos no mantemento dos regos e na reparación das charcas construidas, para recuperar o nível de auga e garantir un hábitat axeitado para os anfibios, de cara á vindeira época de reprodución.

Asemade, fixemos tamén inventario da fauna e flora presentes malia á que a primavera demórase nestas altas paraxes do Macizo Central ourensá.

Na sesión de tarde desprazámonos a caçaníqueis diversas charcas artificiais da Limia alta (unha explotación de arxila en Maceda) e da Limia baixa (explotacións de area na chaira da Antela, preto de Xinzo) nas que puidemos observar como a natureza vaise recuperando nestes espazos, que malia ás industira extractivas en funcionamento acubillan xa unha importante biodiversidade de aves, anfibios e odonatos, principalmente.

Tedes o album de fotos da xornada na seguinte LIGAZÓN

Voluntariado Ambiental nos Pozos de Castieixas

Dentro da campaña estatal “Tecendo redes” para promover a custodia do territorio, ADEGA organiza unha xornada para o mantemento dunhas charcas e pozos de rega nunha das fincas custodiadas na montaña ourensá.

En 2008 ADEGA subscribíu un acordo para custodiar a finca “Castieixas”, duns 15.000 m2 no concello de Montederramo (Ourense). Dende entón o espazo foi obxeto de varias intervencións de mellora dos hábitats húmidos e das poboacións de anfibios, encadradas en diversas xornadas de voluntariado ambiental dentro do programa “Charcas con Vida” de ADEGA; que contou con apoio da obra social de Caixa Catalunya, a Fundación Biodiversidade e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza.

A finca custodiada alberga prados “de dente e sega”, unha carballeira, así coma un conxunto de pozos y canles de rego en distintos estados de conservación. Algunhas das actividades realizadas en pasadas intervencións consistiron na recollida de información sobre o uso destas construccións tradicionais, o seguimento da fauna ea flora que as habita, así como tarefas de restauración e mantemento dos pozos abandonados e a construción de novas charcas.

Esta actividade forma parte do proxecto “Tecendo redes para a custodia do territorio en España”, unha iniciativa da Xarxa de custodia del territori, e a obra social “La Caixa”.

Programa e descrición desta nova actuación

Día: 24 de abril de 2016
Horario: 10:30 a 18:30h.
Punto de encontro
: Alto do Rodicio (Maceda, Ourense), as 10:30h
Número máximo de participantes
: 50 persoas.
Observacións
: recomendase levar roupa e calzado cómodo.

A actividade levará o día enteiro en quendas de mañá e tarde, e contará co asesoramento e o seguimento por persoal de ADEGA especializado na xestión de hábitats húmidos e de anfibios.

Prestarase especial atención o cumprimento estricto dos protocolos de xestión e medidas de bioseguridade durante os traballos para evitala contaminación ou transmisión de enfermidades aos exemplares de anfibios, que, eventualmente, se poidan manipular. O voluntariado recibirá formación previa in situ sobre os obxectivos da xornada e a realización dos traballos a cargo de persoal de ADEGA, e estará cuberto por un seguro de responsabilidade civil.

Os traballos precisos para a adecuación das charcas, regos e pozos realizaranse meirante métodos manuais (sachos, palas, barreños e elementos similares) cos voluntarios/as dispostos/as en grupos de 3-5 persoas que actuarán coordinadamente en cada un dos puntos de interese.

INSCRICIÓNS E CONTACTO:

981570099: adega@adega.gal

feliz aninovo!

Xornada eliminación invasoras Candeán

A Comunidade de Montes de Candeán organiza unha xornada de retirada de invasoras na Lagoa dos Seixos, unha charca custodiada que teñen no seu monte comunal.

A actividade celebrarase o vindeiro venres 13, e sábado 14 de novembro. Realizando o baleirado da mesma o venres, e a retirada da vexetación invasora, neste caso das especies Elodea candensis e  Myriophyllum aquaticum.

Os participantes terán o máximo coidado ao retirar a fauna da charca que será almacenada para a súa posterior liberación.

Se queres participar ponte en contacto con Xan no teléfono: 672468269

www.montesdecandean.org

 

Menos especies invasoras nas lagoas de Xuño e Muro

O pasado sábado 6 de xuño, ADEGA desenvolveu unha nova actividade de eliminación de flora exótica invasora nas lagoas de Xuño e Muro (Porto do Son). A actuación enmárcase no proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Fundación Biodiversidad.

FOTOS da XORNADA

As charcas das Cerradas (O Grove)

Inicios dun proxecto de creación de charcas ben interesante na península deo Grove.

Por Cosme Damián Romay Cousido

Antecedentes

O litoral norte do concello do Grove, considerando como tal o treito de 5,1 km comprendido entre os portos do Grove e o de Meloxo, experimentou uns cambios ambientais importantes desde mediados do século XX. A construción de edificacións relacionadas coa cría, depuración e envasado de moluscos e peixes, e o entramado de pistas, estradas, recheos costeiros e tendidos eléctricos que dan servizo a estas infraestruturas, alterou de xeito notable a fisionomía e dinámicas naturais de areais, marismas, campos de cultivo e zonas de matogueira. Humidais enteiros, como a xunqueira do Hospital, foron sepultados en aras do progreso.

Visita de técnicos de custodia do territorio

 ADEGA acolleu na semana do 20-26 de abril a un técnico de custodia do territorio, Xavi Alifonso, da Associació Picampall de Cataluña para a súa capacitación coñecendo a iniciativa “Charcas con Vida”. A súa visita enmarcábase na no proxecto Tecendo redes que durante o 2014-2015 ten o obxecto de de difundir as boas prácticas de traballo e desenvolvemento social e institucional da custodia do territorio entre as diferentes redes e entidades de custodia do Estado.   É unha iniciativa promovida polo Foro Estatal de Entidades de Custodia do Territorio e a Xarxa de Custodia del Territori.

FOTOS DA VISITA

Custodiando charcas: Unha nova poza de rega recuperada

O pasado 25 de abril 11 persoas participaron na xornada de voluntariado organizada por Charcas con Vida para recuperar unha antiga poza de rega no lugar de Sabarís, Campañó (Pontevedra). 

FOTOS da XORNADA

A poza localízase nunha finca privada,  por iso para esta actuación ADEGA asinou un acordo de custodia do territorio coa súa propietaria. ADEGA comprometeuse mediante este acordo a recuperar a antiga poza e realizar labores de seguemento e mellora cando foran precisos. Pola súa banda a propietaria comprométese a manter a poza e explotar dita finca dun xeito sostible.

Protocolo para: Enfermidades infecciosas emerxentes dos anfibios

O pasado 25 de abril conmemorando a celebración mundial do Save the Frogs Day, ADEGA xunto coa Sociedade Herpetolóxica Española (AHE) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) editaron un protocolo sobre a recente problemática das Enfermidades Infecciosas Emerxentes (EIE) en anfibios, presentouse nunha xornada divulgativa para todos os públicos á que asistiron máis de 30 persoas.

Descarrega o novo folleto sobre especies invasoras

ADEGA ven de editar dous folletos para alertar unha vez máis sobre a problemática das especies invasoras.

Os folletos forma parte do plan de divulgación do proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Fundación Biodiversidad. Grazas a esta iniciativa ADEGA realiza ao longo deste ano diferentes actividades relacionadas coas especies exóticas invasoras. En marzo se realizou unha xornada de eliminación de invasoras no río Liñares con voluntariado ambiental e nos próximos meses celebraranse outras dúas xornadas similares.